Encántame perderme nas librerías, en especial na sección de contos infantís ("gajes" do oficio quizá...). Este nadal fun na procura de contos para abordar o medo infantil, e atopeime con estas dúas xoias:
"EL MONSTRUO DE COLORES"
O Monstro de Cores non sabe que lle pasa. Fíxose
unha lea coas emocións e agora tócalle desfacer a lea. Unha historia
sinxela e divertida, que introducirá pequenos e maiores na fascinante
linguaxe das emocións.
Se queres, podes acompañalo do caderno para colorear.
http://www.annallenas.com/ilustracion-editorial/el-monstruo-de-colores.html#.UPfomKygWho
"YO MATARÉ MONSTRUOS POR TI"
"A historia xira en torno a dous protagonistas principais. Por unha parte Martina,
unha nena, que pensa que baixo o mundo no que vivimos, existe outro
igual pero ao revés, habitado por monstros que camiñan cabeza abaixo.
Cada noite vaise durmir con medo pensando que ambos os dous mundos
poderían unirse ao romperse a fronteira que os separa. Por outra parte
está Anitram, un monstro de cor rosa con similares temores aos de Martina,
aínda que á inversa". "A finalidade do conto é superar o medo ou darlle
unha importancia relativa a este. É un conto curto, é dicir, algo
pequeno, para nada con pretensións literarias. Un conto que tranquilice.
"
http://blogoflesbian.com/2011/10/22/yomataremonstruosporti/
Ambos contos moi interesantes para traballar a educación emocional, esa gran descoñecida...
Co conto "Yo mataré monstruos por ti", estou a facer con varios alumnos e alumnas de distintos niveis, unha actividade que consiste en que se debuxen eles co seu monstro ao igual que aparece Martina con Anitran na portada, e está resultando ser un gran test de personalidade, de eses que me gustan a min.
No hay comentarios:
Publicar un comentario